Sanxenxo reclama a Unión Fenosa que sustituya urgentemente los postes deteriorados
Por Redacción
O concello de Sanxenxo requiriu a Unión Fenosa Distribución, S.A. para que "de xeito inmediato e urxente substitúa os dous postes de formigón situados á altura do número 8 de Piñeiros, en Vilalonga, para evitar futuros accidentes ".
E é que o informe realizado pola Policía local adscrita a esta área constata o mal estado dalgúns dos elementos que sosteñen as liñas de alumado para o subministro de enerxía na zona.
De feito, da inspección "dedúcese o esaxerado grao de deterioro dos postes de formigón que, por outra banda, os trozos caídos poden producir danos graves a persoas e vehículos".
No documento tamén se poñen de manifesto os avisos efectuados á mercantil polo electricista municipal sen que a día de hoxe a firma adoptase as medidas oportunas para emendar a situación.
Á súa vez, o concelleiro de Medio Ambiente, José Luís Rodríguez, recordou que esta circunstancia prodúcese tamén noutras unidades situadas en diferentes lugares do municipio, polo que "pregámoslle fagan extensible a petición de substitución de postes en todas aquelas que sexa necesario".
Doutra banda, no escrito remitido a Unión Fenosa Distribución se insta á empresa a acometer as xestións necesarias para o mantemento de liñas de media e baixa tensión que se atopan invadidas por arbolado.