Gas Natural-Fenosa renuncia ao contrato provincial de suministro eléctrico
Por Oskar Viéitez
A Deputación volverá sacar un concurso para o suministro eléctrico dos seus distintos edificios, despois de que a actual concesionaria, Gas Natural-Unión Fenosa, renunciase á prórroga ao non poder manter os actuais prezos.
Fenosa presentara a oferta máis ventaxosa polo que se fixo con este contrato como único proveedor, de 72.283 kilovatios de enerxía eléctrica para 39 concellos da provincia e 14 edificios da institución provincial.
Esta novedosa contratación foi unha das vantaxes xurdida trala liberalización do servizo. Desde a Deputación aproveitouse a oportunidade para reducir a factura do consumo eléctrico, cuxa repercusión situase entre un 10% e un 15% do gasto corrente nun pequeno concello.
Esta fórmula permitiu aforrar 180.000 euros da factura anual ata agora, que Fenosa dixo basta. Parece que a rendabilidade obtida con este negocio non alcanzaba os beneficios económicos previstos polo que renunciaron ao contrato.
A Deputación pola súa banda volverá sacar o concurso "nos mesmos términos para obter os mesmos beneficios", como confirmou o Presidente provincial, Rafael Louzán.