Salvemos Pontevedra asegura que o Supremo ratifica o cesamento da actividade de Ence
Por Oskar Viéitez
O Tribunal Supremo condena o Estado a incoar o expediente de caducidade da concesión dos terreos que ocupa a empresa Ence na ría de Pontevedra.
A sección quinta da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación interposto pola Administración Xeral de Estado e polo Grupo Ence, contra a sentenza ditada pola Audiencia Nacional en maio de 2011.
Os demandantes son a asociación Salvemos Pontevedra, cuxo voceiro Francisco Díaz, asegurou que o fallo do alto tribunal ratifica o cesamento da actividade da fábrica de celulosa e "conmina al Estado a adoptar las medidas cautelares precisas para el cierre y la paralización de las actividades industriales de las instalaciones de Ence en Lourizán".
A sentenza condena aos recorrentes ao pagamento das costas deste proceso "eso quiere decir que la parte contraria, en este caso Salvemos Pontevedra, ha ganado íntegramente su demanda", afirmou Francisco Díaz.
A sentenza abre un prazo de dez días para que o Estado inicie ese expediente
A sentenza abre un prazo de dez días para que o Estado inicie ese expediente para adoptar as medidas legais que garantan esa paralización da actividade industrial dentro das súas instalacións en Pontevedra. "No se va a cerrar en diez días, por supuesto", aclarou Díaz "la ejecución de la sentencia no quiere decir que vayan a llegar allí con una ametralladora y resuelvan el problema", senón que enviarán unha notificación e iniciarán unha serie de trámites que conduzan ao peche das actividades "razonablemente, civilizadamente y con el tiempo necesario".
Contrasta esta interpretación da sentenza do Supremo co comunicado emitido polo Grupo Ence en que asumen que o fallo "non se pronuncia sobre a declaración da caducidade da concesión" e que a tramitación do expediente, que corresponderá "exclusivamente" ao Ministerio de Medio, "durará varios anos" e que "todas as instalacións amparadas na concesión seguirán en uso durante a tramitación do expediente de declaración de caducidade".
Dende Salvemos Pontevedra achegaron aos medios de comunicación unha copia íntegra da sentenza "ellos no han hecho lo mismo, ¿verdad?", comentou Francisco Díaz.
Trátase dunha sentenza firme, contra a que xa non cabe recurso ordinario
Trátase dunha sentenza firme, contra a que xa non cabe recurso ordinario, que "nos da la razón en todo", enumera Salvemos Pontevedra: que non teñen concesión e que as súas actividades carecen de título habilitante ou licenza.
"Nosotros creemos en la Justicia, respetamos la Ley, somos personas de Orden, no hacemos manifestaciones alborotadoras ni nada. Simplemente emprendemos procedimientos administrativos y los llevamos hasta el final. Las únicas armas que tenemos son las leyes. Si el Tribunal Supremo no es capaz de hacer cumplir una sentencia nosotros no podemos resolverlo, pero nosotros sí vamos a exigir que se cumpla", indicou Francisco Díaz.
En todo caso, este colectivo espera que o Estado cumpra esta sentenza e que "minimice los daños que se puedan crear y no paguen justos por pecadores", dixo en referencia aos traballadores da fábrica pastera.
Relacionadas:
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de ENCE, preocupados polo seu futuro tralo peche da fábrica de celulosa en Huelva
Por Redacción |
-
ENCE acusa a Salvemos Pontevedra e a APDR de "manipular" sobre a situación legal da empresa
Por Redacción |
-
O Tribunal Supremo ordena ao Estado iniciar un expediente sobre a caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Desestimado o preito de Ence e Elnosa contra as directrices do territorio
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR convoca este sábado 21 a marcha en contra da concesión dunha prórroga a Ence
Por Redacción |
-
Fernández Alvariño fai unha "defensa acérrima de ENCE" ante a "incerteza" sobre o seu futuro
Por Oskar Viéitez |