Cuntis investirá máis de 236.000 euros na humanización integral da rúa Presiña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A rúa Presiña, unha das máis transitadas do concello de Cuntis, afrontará nos próximos meses un profundo lavado de cara. A Deputación aprobou conceder unha axuda de 236.251 euros ao goberno municipal para a mellora e a humanización deste vial.
A obra implicará reordenar e optimizar o espazo público, pavimentar as beirarrúas e construír novos aparcamentos e carrís.
Ademais, crearase un itinerario peonil accesible e crearanse zonas de estancia e esparexemento de viandantes, de carga e descarga e novas prazas de aparcamento.
O obxectivo destes traballos é acadar unha humanización integral da rúa. Ademais das actuacións mencionadas, executaranse canalizacións de telefonía ou electricidade, e renovarase o firme, o alumeado e a sinalización en todo este ámbito.
Na actualidade, a rúa ten sentido único de circulación cun carril de 4,25 metros de ancho, beirarrúas a ambos lados de 1,70 metros e aparcamento en liña en ambos marxes da rúa.