Tito Mexillón gaña o concurso de pinchos da terra de Raxó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1a3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/53d2272cba-20140724_181910.jpg)
© Concello de Poio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/647/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53d2275869-20140724_181824.jpg)
© Concello de Poio
Este xoves, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, levouse a cabo a cata dos pinchos que puideron degustarse na II edición do Concurso de pinchos da terra, de Raxó. O xurado cualificado estivo formado por chefs do grupo Nove, entre os que se encontran cociñeiros con estrela Michelin Pepe Solla (Casa Solla - Poio), Xoán Cannas (Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe - Raxó) e Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta - Cambados). Xunto a Rafa Centeno de Maruja Limón e Alberto González de Silabario.
Á cata do xurado asistiron, ademais dos representantes da asociación de hosteleiros, o alcalde Luciano Sobral e a concelleira de cultura, Silvia Díaz, en representación do Concello de Poio.
Ao finalizar, o xurado emitiu o seu veredicto elexindo como gañador a Tito Mexillón pola súa tapa de Zamburiñas en cuncha de peregrino e capas de fondo mariño con mexillón escabechado. O segundo clasificado foi o bar Ferreti, coa Mini hamburguesa de boi ao queixo San Simón trufado de polbo; e o terceiro ao Amura por su Piruleta de plátano caramelizado con bacon, pañuelo de crema con reducción de tinto.
A entrega de premios e recoñecementos aos hosteleiros realizarase na xornada inaugural da II Feira de Artesanía Chalana que se celebrará en agosto no Peirao de Raxó.
No transcurso da cata, a asociación de hosteleiros escolleu en sorteo aos clientes gañadores que completaron o roteiro de pinchos da terra:
- Tito Mallo Vieiro, cea para 2 persoas no restaurante michelín Pepe Vieira.
- Víctor M. Besada Berreco, botella magnum de albariño.
- Pilar Alfonso Rubio, botella de vermut nordesía.