Moreira ofrécese para recoller as preguntas dos cidadáns e trasladárllelas a Lores en Pleno
Por Natalia Puga
Calquera cidadán que queira formularlle unha pregunta ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, poderá facelo a partir do próximo luns 21 de xullo a través do Partido Popular. Tan só terán que ir á sede local do PP, encher un formulario e os 'populares' trasladarana directamente ao rexedor durante o Pleno da Corporación corrrespondente.
O presidente local do partido e voceiro municipal, Jacobo Moreira, explicou que non poderán trasladarlle nun mesmo Pleno todas as preguntas que lles cheguen, de modo que "habrá que hacer algún filtro". En principio, o criterio que se utilizará para seleccionar será que o veciño que cubre o formulario formule "preguntas con cierta transcendencia o problemas de cierta gravedad para los ciudadanos".
Ese filtro será necesario porque auguran que recibirán tantas preguntas que se non poñen un número máximo "seguramente estaríamos totalmente desbordados". Se non poñen un límite, "no llegaría el Pleno para formular todas las preguntas".
Os formularios estarán a disposición dos cidadáns a partir do luns e con esta iniciativa o PP explica que os habilitan para que los ciudadanos se sientan representados por nosotros", pero, sobre todo, para que moitos dos cidadáns que "no consiguen que el alcalde los escuche o no consiguen resolver su problema" teñan aos 'populares' á súa disposición para chegar así directamente ao alcalde.
O PP poñerá un formulario a disposición dos cidadáns na súa sede a partir do luns
Moreira anunciou a posta en marcha desta iniciativa durante unha rolda de prensa conxunta con tres dos novos membros do comité executivo do PP local, que saíron elixidos no Congreso local, a avogada María José Méndez, o médico Rafael Domínguez e o licenciado en INEF Tomás Abeigón.
María José Méndez comprometeuse a traballar para "que se vean los problemas de los vecinos, que se tengan en cuenta y no solo en época electoral". Tomás Abeigón anunciou que o seu principal obxectivo no seu desembarco na política local será "escuchar los problemas ciudadanos, buscar soluciones y ponerlas en práctica". Rafael Domínguez aspira a sacar á cidade de Pontevedra do "dejadez de los últimos años" a través dun proxecto baseado na participación de todos os pontevedreses, sexan militantes ou non.
Ningún dos tres descartou que de cara ás próximas eleccións municipais se integren na candidatura do PP á Alcaldía de Pontevedra, pero apuntan que non é o momento de falar diso. Rafael Domínguez quere ir "paso a paso", María José Méndez esperar a ver "como se va desarrollando todo" e Tomás Abeigón insiste en que en todo momento se cinguirá ao que decida o partido, ao que mostra "lealtad".
O novo presidente local convocou para o próximo luns, as 20.00 horas na sede da rúa Oliva, a reunión constituínte do novo comité executivo do partido. A orde do día inclúe as propostas do presidente para o nomeamento do secretario xeral, o organigrama do partido e a composición da nova xunta local.