O portavoz do Goberno local sobre a elección de Moreira: "Parece que non tivo moita acollida entre os militantes"
Por Redacción
O portavoz do Goberno local de Pontevedra, Raimundo González, apuntou que a elección de Jacobo Moreira como presidente local do Partido Popular durante o congreso celebrado este sábado 12 "non tivo moita acollida dentro dos propios militantes do Partido Popular".
O concelleiro do BNG sinalou que, a pesar de tratarse dunha cuestión interna dos populares, se sorprendera por Jacobo Moreira presentara o dobre de avais que de votos durante o seu proceso de elección. O novo presidente obtivo 115 votos cando conseguira 323 avais para presentar a súa candidatura.
"A maioría dos militantes do PP non foron a votar, non sei por que razóns, pero imaxino que non xenerou moito entusiasmo dentro da militancia e do Partido Popular", insistiu Raimundo González ao ser preguntado por este nomeamento.
O novo presidente local do Partido Popular tomou posesión durante este luns 14 do seu escano no Parlamento de Galicia. Compatibilizará o seu traballo como deputado coa actividade como xefe da oposición e presidente local do PP en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira, confirmado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira ofrécese para recoller as preguntas dos cidadáns e trasladárllelas a Lores en Pleno
Por Natalia Puga |
-
Jacobo Moreira toma posesión do seu escano no Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira, novo presidente local do PP co obxectivo de "devolver Pontevedra a los pontevedreses"
Por Natalia Puga |
-
Jacobo Moreira, próximo presidente local do PP: "Me haría mucha ilusión ser candidato a la alcaldía de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |