Jacobo Moreira, confirmado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra
Por Redacción
O PP xa ten candidato en Pontevedra. O partido confirmou este venres que o actual voceiro na corporación municipal, Jacobo Moreira, será quen lidere a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións de maio.
Este anuncio era unha mera formalidade, xa que diferentes dirixentes do PPdeG mostraran publicamente o seu apoio a Jacobo Moreira, especialmente dende que foi nomeado presidente local da formación popular.
A confirmación oficial da noticia produciuse despois da xuntanza que mantiveron esta tarde os membros do comité electoral do PP en Pontevedra, que acordou propoñer a Moreira como cabeza de lista na capital da provincia.
A decisión será trasladada ao comité electoral nacional que referendará o nomeamento nos próximos días.
Relacionadas:
-
Moreira encara a carreira á Alcaldía de Pontevedra co reto de "devolverle el liderazgo económico"
Por Natalia Puga |
-
Moreira sae do despacho
Por Oskar Viéitez |
-
O portavoz do Goberno local sobre a elección de Moreira: "Parece que non tivo moita acollida entre os militantes"
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira, novo presidente local do PP co obxectivo de "devolver Pontevedra a los pontevedreses"
Por Natalia Puga |