O PSOE de Ponte Caldelas esixe responsabilidades ao alcalde polo peche do tanatorio
Por Redacción
O voceiro local do PSdeG-PSOE en Ponte Caldelas, Andrés Díaz, esixe ao alcalde do municipio, Perfecto Rodríguez, que asuma as súas responsabilidades polo peche do tanatorio. Atribúe a situación, que leva xa oito meses, ás "políticas privatizadoras" do rexedor.
Andrés Díaz insiste en que o tanatorio supón un servizo "moi importante" para Ponte Caldelas, onde hai unha elevada mortalidade "derivada dun alto índice de envellecemento poboacional". Os oito meses que leva pechado por goteiras causaron "un prexuízo e incomodidade" aos veciños, que se teñen que desprazar a municipios próximos para poder velar os seus defuntos.
Na súa opinión, o peche "era previsible" dende o momento en que o Goberno local decidiu poñer o servizo en mans privadas. O tanatorio leva construído case unha década e o Concello decidiu deixalo en mans de dúas empresas nunha decisión que el e o seu equipo tomaron "conscientes de que se en calquera momento estas empresas deciden pechalo, o pobo quedaría sen este servizo".
Relacionadas:
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez lamenta o "desprezo" aos veciños por parte das empresas que manteñen pechado o tanatorio
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Ponte Caldelas recrimina ás empresas propietarias o peche do tanatorio
Por Redacción |