O alcalde de Ponte Caldelas recrimina ás empresas propietarias o peche do tanatorio
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mostrou unha vez máis por escrito a súa indignación aos propietarios do tanatorio situado en Chan da Barcia por manter, dende o mes de novembro pasado, pechadas as instalacións e sen prestar este servizo aos veciños neste termo municipal obrigándolles a ter que desprazarse a outros lugares próximos para velar aos seus seres queridos.
O tanatorio pechou nesa data debido ao derrubamento dunha parte da cuberta que provocou inundacións.
Nun ton moi duro, Perfecto Rodríguez enviou unha nova misiva ás empresas Alianza Española S.A. de Seguros e Albia Gestión de Servicios S.L.U recriminándolles a súa actitude a cal considera desprezativa cara aos veciños e asegurados destas firmas.
"Soy consciente de que se trata de una instalación y actividad 100% privada y que por tanto el Concello no puede intervenir directamente, pero eso no impide que como alcalde tenga la sensación de que tanto Alianza Española S.A. de Seguros como Albia Gestión de Servicios SLU, copropietarios de la sala velatoria de Ponte Caldelas, están teniendo una actitud de auténtico desprecio a los vecinos y vecinas de este municipio, y muy especialmente a sus asegurados", sinala o alcalde.
Relacionadas:
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez lamenta o "desprezo" aos veciños por parte das empresas que manteñen pechado o tanatorio
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Ponte Caldelas esixe responsabilidades ao alcalde polo peche do tanatorio
Por Redacción |