O Camiño Portugués espera bater o seu récord de peregrinos
Por Oskar Viéitez
A presenza constante de peregrinos no Camiño Portugués, é máis que unha moda. Cada ano esta ruta xacobea rexistra un aumento do número de camiñantes. O ano pasado percorrérono 30.000 persoas, igualando o récord rexistrado durante o Ano Santo de 2010.
Antes do inicio deste verán, a Oficina do Peregrino de Santiago expedira máis de dez mil compostelas a peregrinos que elixiron a ruta portuguesa. Na súa gran maioría foron camiñantes que percorreron o Camiño dende Semana Santa ata xuño, xa que nos meses anteriores o mal tempo disuadiu os viaxeiros.
Para o próximo día 26 de xullo esta prevista a chegada a Pontevedra dun grupo de 456 mozos peregrinos.
O aumento do número de peregrinos conseguiu que os concellos portugueses vexan con outros ollos ao Camiño Portugués. Seguindo o exemplo da Asociación de Amigos de Camiño portugués a Santiago a Asociación Espacio Jacobeus intenta colaborar cos poderes locais lusos para promover esta ruta.
Relacionadas:
-
Hospitaleiros do Camiño Portugués a Santiago comparten experiencias
Por Redacción |
-
Empezan os traballos de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Preto de 100 operarios comezan este luns a acondicionar o Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Pontevedra será "epicentro" dun Camiño Portugués que busca igualar o francés no próximo Ano Xacobeo
Por Alejandro Espiño |
-
Unha mesa de traballo permanente potenciará o Camiño Portugués
Por Redacción |