'Salvemos a Fracha comproba o impacto que terá o trazado proxectado para a A-57
Por Redacción
A plataforma Salvemos a Fracha realizou nos últimos días un percorrido polos puntos do monte da Fracha e das parroquias de Tomeza e Marcón polos que trascurrirá o trazado proxectado para a autovía A-57 para coñecer in situ o impacto da infraestructura en caso de que finalmente "este sinsentido se leve a cabo".
Membros do colectivo aproveitaron para amosar a un grupo de veciños do rural pontevedrés como afectará á paisaxe, a flora, a fauna e, en definitiva, ao seu entorno vital actual este proxecto do Ministerio de Fomento.
Salvemos a Fracha amosa o seu rexeitamento rotundo á A-57 dende a súa constitución como colectivo e reafírmase nesta postura logo de coñecer máis detalles do seu impacto futuro, "que alterará por completo a nosa contorna". Entre outras afeccións suliñaron: taludes en desmonte de ata 60 metros de alto en boa parte do seu percorrido (a altura dun edificio de 17 plantas) e unha glorieta prevista no lugar de A Ermida (Marcón) de máis de 120 metros de diámetro (case o dobre da praza de touros de Pontevedra).
Os veciños que se uniron ao percorrido pudieron coñecer algunhas das fontes e manantiais que quedarán sen auga e observaron dende algúns dos miradores máis representativos do monte da Fracha como vai cambiar a paisaxe "as vistas á ría de Pontevedra e a todo o val da Fracha e as parroquias de Marcón e Tomeza van quedar desfeitas".
Os veciños que participaron neste percorrido aproveitaron para instalar cruces co lema A-57 NON en puntos que consideran máis simbólicos das afeccións que terá este proxecto tal e como se coñece hoxe en día. De toda esta andaina realizouse unha reportaxe fotográfica que a plataforma quere compartir con toda a cidadanía de Pontevedra e súa comarca para que coñezan, como tiveron oportunidade de coñecer os veciños, o impacto que terá o proxecto.
Relacionadas:
-
'Salvemos a Fracha' expoñerá as súas reivindicacións no Parlamento Europeo
Por Redacción |
-
A Fracha di non ao "capricho político" da autovía A-57
Por Redacción |
-
A cabalo para defender o monte da Fracha da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha marcha cabalar percorrerá os montes da Fracha afectados pola A-57
Por Redacción |
-
Ana Pastor asegura que non se moverá "ni un arbusto" para construír a A-57 sen ter o visto bo ambiental
Por Alejandro Espiño |
-
'Salvemos a Fracha' continúa a rolda de asembleas informativas por todo o trazado da futura A-57
Por Redacción |
-
As hortas rurais múdanse por un día á Peregrina para protestar polo trazado da A-57
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |