'Salvemos a Fracha' expoñerá as súas reivindicacións no Parlamento Europeo

Por Redacción
A plataforma veciñal 'Salvemos a Fracha' dará a coñecer esta semana as súas reivindicacións no Parlamento Europeo. O colectivo integrado por veciños da parroquia pontevedresa de Marcón e de distintos puntos do Concello de Vilaboa en contra do proxecto da autovía A-57 que promove o Ministerio de Fomento participará nunhas xornadas que promove Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Bruxelas.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lidia Senra, coordinará entre o mércores 10 e o xoves 11 unha delegación de 55 persoas vinculadas a asociacións e organizacións sociais galegas que denunciarán no Parlamento Europeo as múltiples amezas de acaparamento de terras ás que se enfronta a día de hoxe Galicia. Entre elas está o colectivo pontevedrés.
A través desta iniciativa, Lidia Senra pretende "traer a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza", e "dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do noso país están a se levar adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos intereses capitalistas".
Dende AGE recordan que o termo "acaparamento de terras", coñecido internacionalmente como land grabbing, fai alusión á adquisición de terreo agrícola con fins comerciais, tales como la produción de alimentos a escala agroindustrial, agrocarburantes, infraestructuras enerxéticas ou grandes estruturas como a A-57.
Relacionadas:
-
15.000 sinaturas piden ó Ministerio de Fomento que free a construción da A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' recada fondos para pagar a vía xudicial contra a A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' invita a Ana Pastor a dar un paseo pola Serra da Fracha, ameazada pola A-57
Por Redacción |
-
Esquerda Plural esixe no Congreso a paralización da autovía A-57 e a liberalización da AP-9
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57
Por Redacción |
-
As hortas rurais múdanse por un día á Peregrina para protestar polo trazado da A-57
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
'Salvemos a Fracha comproba o impacto que terá o trazado proxectado para a A-57
Por Redacción |