Moreira pon a Véteris como exemplo da "irresponsabilidad de la gestión urbanística del gobierno de Lores"
Por Natalia Puga
As dúas últimas sentenzas que anulan o plan urbanístico e a concesión directa do aparcadoiro de Véteris son, para o Partido Popular, o caso "más significativo" para definir a "controvertida" xestión do concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera, ao que atribúen unha forma de actuar "marcada por retrasos, por trabas legales, por complicaciones burocráticas, por sobrecostes, por fuertes indemnizaciones y por condenas judiciales".
O voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, compareceu este venres en rolda de prensa para valorar as dúas recentes sentenzas e sinalou que con elas o Tribunal Supremo e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) "confirman la irresponsabilidad de la gestión urbanística del gobierno de Lores".
Carga tintas contra o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, pero, sobre todo, contra César Mosquera e de ambos os dous sinala que "este tándem ha causado mucho perjuicio a esta ciudad". Sobre o concelleiro de Infraestructuras en particular considera que o feito de que siga formando parte do goberno local e "se comporte como si aún fuese una voz autorizada" para falar en nome da institución. "Tendría que avergonzar a cualquiera de sus compañeros".
"Antes los varapalos venían de uno en uno, pero ahora las sentencias vienen a pares contra el Gobierno de Lores"
Neste sentido, interpreta que na actualidade é "evidente" que ningún dos membros do goberno local "hace nunca una defensa cerrada del concejal cada vez que mete a Pontevedra en un lío".
Entrando a valorar en concreto o caso Véteris, que Moreira cualifica de "pesadilla", recorda que anos despois da súa posta en marcha "sigue llenando de incertezas a los dueños de los pisos de los dos edificios" e critica que "antes los varapalos venían de uno en uno, pero ahora las sentencias vienen a pares contra el gobierno de Lores".
En opinión do voceiro do PP, en relación con Véteris todo a ten saído "rematadamente mal" e o aparcadoiro parece estar nun "limbo jurídico difícil de descifrar y de imprevisibles consecuencias". Recorda que nin os prexudicados particulares nin a empresa concesionaria do párking "pueden saber hoy hasta dónde le afectarán estas resoluciones judiciales" e opina que Mosquera "debería hablar con los ciudadanos, dar la cara, explicarles qué ha pasado y pedirles disculpas".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra pedirá no pleno que se realice unha auditoría dos gobernos do BNG
Por Redacción |
-
Urbanismo impulsa os trámites para culminar o polígono da Granxa do Vao e regularizar o aparcamento de Véteris
Por Redacción |
-
Anulado o plan urbanístico e a concesión directa do aparcadoiro de Véteris
Por Oskar Viéitez |