![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a26/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5387375f19-_p2a5974.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Exposición, concertos de música sacra e conferencias para conmemorar 300 anos de San Bartolomé
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O próximo seis de xuño no Edificio Sarmiento inaugurarase a mostra De templo xesuíta a parroquia de San Bartolomeu, coa que arrancan os actos de conmemoración do tricentenario da consagración deste templo parroquial.
Nunha rolda de prensa celebrada este xoves nos salóns da parroquia presentouse a programación de actos que xunto á mostra se complementan cun concerto de música sacra e cun ciclo de conferencias sobre a repercusión social da parroquia na cidade.