Falece Modesto Pena Liste, o párroco dos Milagres de Amil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Faleceu o Modesto Pena Liste, párroco de San Mamede de Amil e do seu santuario dos Milagres.
Tamén era administrador parroquial de San Martiño de Gargantáns, do seu anexo San Lorenzo de Moraña e de Santa María de Cosoirado. Todas elas pertencen ao arciprestado de Umia, termo municipal de Moraña.
Natural de Cuntis, naceu o 5 de novembro de 1933. Recibiu a ordenación sacerdotal o 6 de abril de 1957.
O santuario dos Milagres de Amil acolleu o velorio e nel terá lugar o funeral este xoves ás 18:30 horas. Seguidamente os seus restos mortais recibirán cristiá sepultura no cemiterio de San Breixo de Arcos, na localidade de Arcos de Furcos, Cuntis.