'A Paixón de Cristo' enfróntase á paixón polo fútbol
Por Redacción
A compañía pontevedresa de teatro Arume loitou contra os elementos e representou este mércores 16 ás 21.30 horas no Teatro Principal a súa tradicional versión de 'A Paixón de Cristo'. O grupo logrou máis de media entrada nunha data que coincidía cun evento deportivo co que resultaba difícil competir, a final da Copa do Rei entre o Real Madrid e a Barcelona.
O grupo que dirixe Juan García Lorenzo presentou este ano a montaxe coa presenza de 63 actores e a recadación obtida ten fins benéficos e será remitida a Cáritas.
Este Xoves Santo, a agrupación actuará na parroquia de Tourón (Ponte Caldelas) a partir das 17.00 horas. E este Venres Santo realizarán unha representación matinal en Boiro e pola noite actuarán en Noalla.