Silgar, Baltar e Canelas contarán este ano con zonas de sombra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As praias de Silgar, Baltar e Canelas contarán este ano con tres zonas de sombra, consistentes en pérgolas de 18 m2, e outros 240 metros lineais de pasareas de 1,5 metros de ancho.
O Concello de Sanxenxo ultima un plan no que se invitou a colaborar a Confederación galega de persoas con discapacidade (COGAMI) e que está denominado 'Praias sen límites'.
Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas e Major contan con servizos como estacionamento reservado, pasarelas, aseos adaptados e cadeiras anfibias a disposición dos usuarios nos módulos de salvamento, onde os socorristas prestan o seu apoio en caso ser reclamados.
Á súa vez, nestes enclaves é posible chegar ata a area seca sen sortear ningún bordo nin rampla con desnivel superior ao 6%. Doutras nove praias con ecodistintivo, catro presentan un nivel practicable e tres convertible.