As praias de Marín recupéranse do paso dos temporais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Marín empezou os traballos de acondicionamento das praias do municipio para recuperalas despois dos temporais do pasado inverno e para mellorar o seu estado de cara a Semana Santa.
O Concello indica que os traballos empezaron hai días e que o obxectivo é poder contar cunha mellora na posta a punto necesaria para poder gozalas. Ademais, responde ás críticas que atribúe o BNG sobre a falta de limpeza e sinalan que "lle damos a razón" en que "non se fan as cousas como facían eles".
Segundo indican, os traballos realízanse de forma coordinada entre as áreas de Turismo e Medio Ambiente do concello co fin de "xuntar esforzos para poder ter a punto os areais, sobre todo os máis urbanos" e que esta forma de actuar era "impensable nun equipo bipartito".
Como proba das actuacións que se están a realizar falan da praia de Portocelo, na que se traballou ao longo de toda a fin de semana e durante os últimos días. Entre as tarefas que se están a abordar figuran a limpeza dos muros, do paseo do ámbito e de mellora e limpeza de vestiarios e dos restos do inverno.