A praia de Aguete xa está limpa e acondicionada
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín celebra que a praia de Aguete xa se encontra en perfecto estado de revista.
Dende as concellarías de Turismo e Medio Ambiente destacan que a posta a punto das praias foi unha prioridade ao longo destes días.
No caso de Aguete, a limpeza de todo o vial de praias, dos principais accesos, a mellora e roza das zonas máis transitadas concluíron a tempo para que, se o clima o permite, se poida gozar durante esta Semana Santa deste prezado ámbito.
As brigadas de limpeza, así como a Fundación Juan XXIII, esmeráronse en manter todo en moi bo estado. Estes traballos realizáronse tamén en Loira.
Ao longo dos próximos días continuaranse cos traballos.