Un agasallo de 'cumpleaños' con cocaína sorpresa
Por Redacción
Sesenta quilos de cocaína chegaron ao porto de Marín baixo a lenda 'Feliz Cumpleaños'. Viñan en paquetes resgardados á súa vez en mochilas de deporte e os seus propietarios pretendían eludir os controis policiais meténdoos entre mercadoría legal, pero foron localizados pola Policía Nacional.
Segundo indicaron dende a Policía Nacional, a cocaína foi localizada en varios paquetes nun colector procedente de Perú con destino ao porto de Marín. Os paquetes foran introducidos en España mediante o procedemento do gancho cego ou rip-off.
Todo foi froito dunha inspección rutineira. Os axentes detectaron un colector procedente de Sudamérica que presentaba indicios de ter sido manipulado.
Unha vez que obtiveron as autorizacións oportunas procederon a examinar o seu contido. Finalmente, os policías localizaron entre a carga legal do envío dúas bolsas de deporte que ocultaban varios paquetes de cocaína.