Conclúe o ciclo de conferencias sobre a arte rupestre nos centros educativos de Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez Martínez, clausurou o ciclo de conferencias sobre a arte rupestre e a cultura castrexa organizado polo colectivo A Laxe da Irena, en colaboración co Concello de Ponte Caldelas, nos centros educativos do municipio.
Baixo o título "O Castro de Pena Redonda, un xacemento peculiar", o arqueólogo da Deputación introduciu os alumnos do instituto no apaixonante mundo da arqueoloxía tomando como referencia o estudo dos castros e, máis en particular, o de Pena Redonda, situado na parroquia pontecaldelana de Forzáns.
Ademais desta, tamén o doutor en Historia, Bueventura Aparicio Casado protagonizou senllas charlas no CEIP Cordo Boullosa e o CEIP da Reigosa co mundo dos petroglifos e a arte rupestre como fío argumental das súas alocucións.