Pérez Torres pide 12.000 metros cadrados de concesión no Porto de Marín
Por Redacción
Pérez Torres Marítima, Sociedade Limitada solicitou concesión administrativa para ocupar unha superficie de 12.000 metros cadrados na zona de servizo do Porto de Marín con destino a nave-almacén polivalente e de apoio á terminal de colectores.
O Boletín Oficial do Estado acaba de publicar a solicitude e abre agora un prazo dun mes para a presentación ante a Autoridade Portuaria doutras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto.