Agustín Fernández esixe "la dimisión de Louzán" polo sobrecusto de Pasarón
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
A conclusión que o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, sacou da reunión da pasada semana na Deputación para tratar o sobrecusto de Pasarón, é que o proxecto do estadio "es un monumento al despilfarro".
Fernández recibiu explicacións sobre as causas que obrigaron, segundo a adminitración provincial, a modificar o presuposto inicial da obra, pero non se mostrou conforme co alí tratado ao asegurar que "no estaba buscando respuestas técnicas, sino políticas sobre las causas de un sobrecoste de más del 100%".
O concelleiro pontevedrés foi máis alá ao esixir "que el señor Louzán presente su dimisión" como responsable final do proxecto e a adxudicación.
Sen embargo, tras verter no pasado importantes acusacións sobre o presidente provincial e mencionar mesmo a posibilidade de judicializar o tema, limitouse a pedir responsabilidades políticas porque, mantén, "es un asunto político que debe resolverse desde la política".
Con todo Agustín Fernández defendeu que "como político no me interesa ni apetece llevar ningún tema al juzgado, pero cada vez está más cerca".
Ademais, o responsable municipal de Deportes asegurou que "al PSOE le va a costar apoyar cualquier proyecto que venga del señor Louzán" a partir de agora, despois do exceso de custo non só de Pasarón, senón de obras, di, como o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra: "hablamos de que el sobrecoste entre estas dos obras en la capital provincial suman más de 20 millones de euros".
Relacionadas:
-
Agustín Fernández anuncia en Facebook a súa denuncia contra a "sinvergüenzada" de Pasarón
Por Redacción |
-
A Deputación resta importancia ás denuncias de Agustín Fernández sobre Pasarón: "Iso é política barata"
Por Oskar Viéitez |
-
Agustín Fernández eleva o custo de Pasarón a case 18 millóns e anuncia que acudirá a Fiscalía
Por Diego Espiño |
-
Deputación esixe ao Concello a recepción de Pasarón e deixará de asumir os seus gastos dende o 1 de abril
Por Redacción |
-
Suficientes explicacións do sobrecusto de Pasarón?
Por Diego Espiño |
-
Agustín Fernández acusa a Louzán de "favorecer deliberadamente a unha empresa" coa construción de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Louzán acusa o PSdeG-PSOE de "intentar desprestixiar" cun "caso pechado" como a obra de Pasarón
Por Natalia Puga |