A Fiscalía acusa á construtora de Pasarón de cobrar facturas falsas pola limpeza do estadio
Por Redacción
A Fiscalía acusa á empresa construtora Oreco S.A. de cobrar 94.000 en facturas falsas pola limpeza do Estadio de Pasarón.
No concepto figura a recollida e limpeza ao remate dos partidos durante seis meses e outros traballos de albanelaría, segundo informou Elisa Lois en páxinas de El País.
A xuíz imputou por presunta falsidade documental continuada ao xefe do departamento da compañía Oreco, aos tres irmáns Costas Estévez, vinculados ao grupo Las Cinco Jotas, e ao administrador doutra das sociedades presuntamente involucradas na emisión de facturas.
O xuízo foi sinalado para o próximo martes día 3 de febreiro en Vigo.
O Ministerio Público solicita dous anos de prisión para os acusados.
Relacionadas:
-
Condena de dous anos de cárcere para un directivo de Oreco por falsear as facturas das obras Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
Oreco e unha subcontrata aseguran que empregaron "150 romaneses" na limpeza de Pasarón
Por Redacción |
-
Agustín Fernández considera que a Fiscalía lle dá a razón ao prorrogar a investigación de Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide seguir investigando seis meses máis a suposta prevaricación das obras de Pasarón
Por Natalia Puga |
-
A empresa construtora de Pasarón, a xuízo por supostas facturas falsas nas obras do estadio
Por Redacción |