O PP critica a política económica do goberno local ao que acusa de improvisar nas obras
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular, César Abal, denuncia que o Concello de Pontevedra incumpre a regra de gasto no presuposto xeral de 2014 e, segundo afirma, esta decisión supón que as accións con repercusións presupostarias supoñerán a tutela da Xunta de Galicia.
Dende o grupo municipal do PP sinalan que esta situación "é consecuencia da caótica xestión económica do tándem BNG-PSOE en Pontevedra". Segundo César Abal, o goberno de Lores tivo que afrontar durante 2013 todos os investimentos nun prazo de cinco meses e iso supuxo "a paralización das obras de Santa Clara ou a chapuza de Benito Corbal".
O concelleiro popular apuntou a figura de Raimundo González, responsable municipal de Facenda, ao considerar que se contradí ao falar da obrigatoriedade e as consecuencias de dispoñer dun Plan Económico e Financieiro (PEF) e vaticina que este ano se repetirá a atropelada e anárquica xestión na aplicación dos nosos recursos económicos".
Abal fixo referencia a que o costume de contar con presupostos prorrogados nos anos pares rematan afectando ao incumprimento da regra de gasto.