O PP denuncia o "caos financeiro no que vive o Concello de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do PP, César Abal, trasladou este xoves a preocupación do seu grupo municipal polo "caos financeiro no que vive o Concello de Pontevedra".
Abal adiantou que o PP votará en contra da modificación de crédito, de case catro millóns de euros, que o goberno municipal levará ó pleno do luns "nos estamos a favor do destiño que terán eses cartos: obras, entidades de carácter social, promoción da cidade e eventos deportivos, pero sí criticamos o xeito de financialo", precisó Abal.
Este diñeiro procede en boa parte das liquidacións de obras e proxectos anulados, como o centro lúdico da Parda, a canceira municipal ou a instalación de Wifi e Wimax no Centro Histórico.
Sobre o resto dos cartos "hai 1,7 millóns de euros que proveñen do incremento impositivo, o que confirma a teima de Lores de sangrar aos cidadáns con impostos para intentar cadrar as súas contas", apuntou o concelleiro.
No Partido Popular cren que o goberno municipal lle dá "carpetazo definitivo" a elaboración dun novo orzamento "ferramenta fundamental para a xestión axeitada dun municipio".
Discrepan os populares das teses defendidas polo concelleiro de Facenda, Raimundo González, que considera que un novo plan económico traería máis inconvintes que vantaxes en referencia a lei de estabilidade orzamentaria e o teito de gasto que levan ao equipo de goberno a empregar esta táctica e "forzar a máquina o máximo posible".
Segundo Raimundo con esta modificación de crédito, o orzamento prorrogado alcanzará os 73,8 millóns de euros e os capítulos destinados a investimentos superarán os 15, "o que supón unha media superior á de outros anos", sinalou "neste contexto, é mellor a prórroga que aprobar un orzamento novo", xustifica o edil de Facenda.
A resposta dende o Grupo Popular é contundente ao sinalar que isto é "mentira" xa que está prorrogado o Plan Económico e Financieiro do concello "polo que o teito legal de gasto municipal para este ano 2013 é de 62,5 millóns de euros, e non de 73 como sostén o BNG", sostivo César Abal.
Os populares acusan ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores de "deixar a imprescindible transparencia para seguir traballando con total escurantismo e maquillar con máis facilidade a realidade económica municipal".
César Abal deu este xoves por definitiva, a falta de confirmación oficial, a decisión do alcalde de operar de novo en 2013 sen orzamento.