Unha condutora ferida en Meaño tras impactar contra un poste do tendido eléctrico
Por Anxo Lourido
Unha moza veciña de Meaño sufría un accidente durante a mañá do mércores en Padrenda, no municipio de Meaño, cando circulaba pola estrada EP-9205.
A condutora perdía o control do turismo e impactaba contra un poste do tendido eléctrico, segundo indican desde o servizo de Emerxencias de Sanxenxo, que acudiu ao lugar para socorrer á vítima do sinistro.
Como consecuencia do forte impacto, o poste eléctrico quedaba inclinado sobre a estrada con perigo de que se desprendera.
Foi necesario desviar a circulación de vehículos para que operarios da empresa do servizo eléctrico reparasen a estrutura.
A vítima do accidente foi trasladada ao Hospital Quirón Salud de Pontevedra para unha exploración das feridas sufridas.
Ata o lugar desprazábanse integrantes do GES de Sanxenxo, ademais da Garda Civil e da Policía Local de Meaño.
Relacionadas:
-
En xullo e agosto houbo 2,8 millóns de vehículos de paso pola provincia de Pontevedra, a cifra máis alta dende 2019
Por Oskar Viéitez |
-
Ferido un condutor ao impactar contra un poste da luz en Vilalonga
Por Redacción |
-
Atropelo dun viandante en Portonovo
Por Redacción |
-
Aparatosa saída de vía en Sanxenxo e incendio dun turismo en Poio
Por Redacción |
-
Cae un camión por un terraplén en Caldas deixando un traballador ferido
Por Redacción |