Aparatosa saída de vía en Sanxenxo e incendio dun turismo en Poio
Por Redacción
Ás 5:25 horas da madrugada, rexistrouse un aparatoso accidente de tráfico na zona da Granxa, no concello de Sanxenxo.
Segundo informa o Concello, un vehículo que circulaba pola calzada saía da vía e chocaba contra outro estacionado.
O impacto foi de tal magnitude que o vehículo aparcado desprazouse, colisionando á súa vez cun terceiro automóbil tamén estacionado.
Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos da Policía Local e o servizo de Emerxencias de Sanxenxo. Afortunadamente, e malia a espectacularidade do accidente, non se rexistraron feridos.
INCENDIO DUN COCHE EN POIO
Na mesma madrugada, o servizo de Emerxencias de Sanxenxo tamén participou na extinción dun incendio que afectou a un vehículo no lugar da Seca, pertencente ao veciño Concello de Poio.
As autoridades informan que neste incidente só se produciron danos materiais, sen que houbera que lamentar danos persoais.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Un GPS volve liala e un turismo remata encaixado nas escaleiras da Rúa Madrid en Sanxenxo
Por Anxo Lourido |
-
Cae un camión por un terraplén en Caldas deixando un traballador ferido
Por Redacción |
-
Retencións na AP-9 debido a un accidente nas inmediacións da ponte da Barca
Por Anxo Lourido & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O cruceiro de San Amaro, de novo danado polo impacto dun coche (e os veciños xa perderon a conta)
Por Natalia Puga |
-
Escapa a gran velocidade da Garda Civil, intenta embestir o coche patrulla e case atropela varios peóns
Por Redacción |