Queres cantar nun coro? Un curso da UNED ensínache
Por Redacción
As persoas interesada en ver como funciona un coro e cantar nel poderán satisfacer as súas inquietudes a través da UNED Pontevedra.
O centro asociado da UNED poñerá en marcha un curso de Coro Aberto entre o 11 de setembro e o 18 de decembro.
Coordinado por Rafael Cotelo Pazos, responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, o curso contará como relatora con Bonnie Marie Cooper Kowalski, Bachelor of Music da Universidade de Otawa.
Entre os obxectivos que persegue este curso están aprender como quentar a voz, poñer en práctica rudimentos como escalas e triadas adecuadas ao nivel do coro, cantar en grupo, ter contacto con repertorio de moitos xéneros, explorar exercicios diversos para a voz e aprender como coidar a voz para cantar en concerto.
As clases terán lugar os mércores de 18:30 a 20:30 horas durante as cales o alumnado aprenderá quecementos, ensaios de repertorio, exercicios técnicos para mellorar partes difíciles do repertorio e a preparación para un concerto.
Relacionadas:
-
Novo curso académico na UNED de Pontevedra con máis de 250 actividades de extensión universitaria
Por Redacción |
-
Récord de participación nos cursos de verán da UNED
Por Oskar Viéitez |
-
A UNED de Pontevedra aproba o orzamento e o Plan Académico docente do curso que vén
Por Oskar Viéitez |
-
Fernández de la Vega inaugura a aula magna da UNED e imparte unha lección maxistral sobre "educación e igualdade"
Por Redacción |