O PP abre o curso político en Galicia con Feijóo, Rajoy e Rueda este sábado na carballeira de San Xusto
Por Oskar Viéitez
A carballeira de San Xusto acollerá este sábado o acto de inicio do curso político do Partido Popular de Galicia nunha xuntanza na que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, estará acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, e nesta ocasión, menos presenza de cargos populares.
Así o comentou Alfonso Rueda este xoves en Poio. "É certo que é un acto importante para o Partido Popular de Galicia, e así o demostraremos unha vez máis. Volvemos a Cerdedo-Cotobade, onde se fixou estes últimos anos, e haberá unha presenza importante de militantes. Non é un acto tan masivo como algúns do Partido Popular de Galicia, creo que acreditamos unha capacidade de mobilización importante nos grandes actos, pero eu calculo que irán ao redor de 2.000 persoas das 4 provincias, especialmente a provincia de Pontevedra, por proximidade".
"En Cerdedo-Cotobade reivindicaremos que Galicia non quere máis que ningunha outra Comunidade Autónoma, pero tampouco merece ser menos como pretenden Sánchez e os seus socios", defendeu este xoves, en rolda de prensa, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
Pola súa banda, Alfonso Rueda lembrou que esta cita na carballeira de San Xusto produciuse o ano pasado nunha etapa preelectoral polo que houbo unha presenza importante de presidentes autonómicos, "eu pedín, ou meus compañeiros e compañeiras que ademáis acababan de tomar posesión, que se achegaran aquí e ou fixeron a práctica a totalidade". Pero nesta ocasión "entendo que todo ou mundo está a arrincar tamén a súa actividade nos seus territorios” e "este ano entendo que todo ou mundo ten os seus compromisos" e ademais, Rueda lembrou que "o día 6 ímonos ver todos en Madrid".