SOS Panadeira cambia a súa estratexia: "do activismo ético á resistencia pasiva"
Por Oskar Viéitez
A partir de agora a Plataforma SOS Panadeira cambia a súa estratexia: "del activismo ético a la resistencia pasiva".
ÿ dicir, segundo explicou Guadalupe Gómez, voceira de SOS Panadeira, seguirán loitando pero sen actividades físicas que interrompan a obra de ampliación dos peiraos. Esta decisión débese en boa parte á permanente presenza da Garda Civil no recinto do porto para garantir que se poida executar a instalación dos novos amarres.
Ademais esta nova actitude está derivada "de las agresiones sufridas por algunos de los miembros de esta Plataforma" polo que decidiron "replegarse y protegernos porque tenemos miedo a que nos agredan", xa que sinalan "no somos profesionales de esto, simplemente estamos dolidos porque nos roban unas playas", afirmou.
Nunha comparecencia de prensa, este venres, a plataforma SOS Panadeira tamén se referiu aos últimos cambios no proxecto dos novos peiraos presentados polo Real Club Náutico, que "no convencen" a este colectivo que asegura que "la ilegalidad de la obra no se altera por el cambio del volumen" aunque aínda que admiten non ter coñecemento polo miúdo sobre o alcance desta modificiación presentada ante Portos de Galicia.
Ademais entenden que a retirada dos pivotes do areal só persegue restar a SOS Panadeira un argumento en contra da obra de cara ao xuízo por desordes públicas sinalado polo Xulgado de Cambados para o próximo 30 de abril. Ante esta importante cita traballasen na súa defensa xurídica mentres recordan que "muchos conflictos en el mundo fueron solucionados a través de la resistencia pasiva", concluíu Guadalupe Gómez.