A choiva desloce o final da Batalla das Flores
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
As rúas do centro de Pontevedra foron escenario este martes dunha das citas máis esperadas do verán, a popular Batalla de Flores.
Sen un día de calor e praia a expectación era máxima, e unha multitude de nenos e adultos agardaba ao longo do seu percorrido.
Carrozas, xigantes, cabezudos e animación de diversos grupos e compañías achegaron diversión e colorido polos seus catro custados.
Desde Loureiro Crespo, ás 19.00 horas da tarde, partiron os participantes cun primeiro tramo que, como novidade este ano, transcorreu sen música nin sons fortes para facilitar unhas festas máis inclusivas e diversas.
A Batalla de Flores discorreu por Benito Corbal, Cobián Roffignac ata chegar a Pai Amoedo, deixando ao seu paso sorrisos, aplausos e miles de papelitos, aínda que unha fina choiva terminou facendo acto de presenza a metade de percorrido deslucindo o seu tramo final.
Foi un imprevisto que en todo caso non evitou unha nova edición dunha Batalla das Flores que volveu reivindicarse un ano máis como un dos impresicindibles da programación festiva da Boa Vila.
Relacionadas:
-
O aire sonoro de Caamaño & Ameixeiras emociona na Ferrería
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A festa infantil con 'Tarzán, o musical' desafía á choiva na Praza de España
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'A pirata Lola' estrea a programación festiva infantil na Praza da Curtidoira
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Despregamento de fantasía e animación para este martes co desfile da Batalla de Flores
Por Redacción |