A Policía Nacional detén un home por unha navallada durante unha pelexa na rúa Serra
Por Oskar Viéitez
Un individuo foi detido pola Policía Nacional como suposto autor de un apuñalamento a outro home.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial o suceso tivo lugar na mañá do pasado domingo.
Un coche da Policía Nacional patrullaba polo lugar cando detectou unha liorta ás portas dun coñecido local "afterhours" da rúa Serra, a beiras do río Lérez.
No transcurso da pelexa uno dos individuos picou ao outro cunha navalla.
O agresor foi detido e o ferido foi trasladado ao hospital Montecelo con lesións leves.
O detido atópase nos calabozos da Comisaría da Policía Nacional á espera da súa posta ao dispor xudicial.