Entra en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ameal con 81 prazas de estacionamento
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e3c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66aa5afa23-20240731aparcamentomarin3.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/42c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66aa5b48cf-20240731aparcamentomarin2.jpg)
© Xunta de Galicia
Este mércores entrou en servizo o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta habilitou en Marín cun investimento de case 650.500 euros. O espazo sitúase preto do núcleo de Ameal, na ligazón da variante VG-4.4 coa estrada provincial EP-1202, e suma 81 prazas de aparcamento.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela visitaron este mércores este novo aparcadoiro que ocupa 3.000 metros cadrados de superficie.
Das 81 prazas habilitadas, tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida e outras tres para vehículos eléctricos. A zona dotouse ademais de alumeado e videovixilancia, e humanizouse cunha franxa central peonil, unha franxa verde central con arborado e áreas axardinadas.
Diego Calvo sinalou que a iniciativa enmárcase na "aposta da Xunta pola mobilidade sostible" a través do fomento do uso do coche compartido e do transporte público, contribuíndo a "implantar zonas de baixas emisións nas áreas urbanas galegas".
Así, instalouse unha marquesiña coa previsión de habilitar paradas de autobús das liñas máis próximas.
Pola súa banda, María Martínez Allegue subliñou que se trata dunha actuación "moi completa" que ofrece aos usuarios "un espazo cómodo, seguro e funcional".
Estas actuacións forman parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation da Unión Europea.
Relacionadas:
-
Adxudican a obra para renovar pavimentación e sinalización horizontal na urbanización Virxe do Carmen
Por Redacción |
-
Inician as obras do aparcamento disuasorio proxectado nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |
-
Covsa executará por máis de 570.000 euros as obras do aparcadoiro disuasorio de Ameal
Por Redacción |