Catro xornadas de festa en Cerdedo na honra ao Divino Ecce-Homo e a Virxe das Dores
Por Redacción
A comisión de festas de Cerdedo, acompañados do alcalde de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela, presentaron o programa das festividades na honra ao Divino Ecce-Homo e a Virxe das Dores que terán lugar os días 25, 26, 27 e 28 de xullo.
O programa festivo arrincará na noite do xoves 25 coa actuación de Pili Pampín, Manuel Manquiña e Pepo Suevos dentro do espectáculo musical 'Camiñantes e Cantantes”, mentres que o venres 26 de xullo 'Conductores Suicidas' ofrecerán un concerto tributo a Joaquín Sabina.
A xornada finalizará cunha verbena a partir das 00.15 horas a cargo da orquestra Marbella e DJ Paco Vulkano.
O sábado 27 comezará a xornada festiva comezará xa de mañá con pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo, e ás 12.30 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro Parroquial, seguida de procesión.
Pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá animación musical a cargo da Charanga Charandonga, e pola noite a verbena protagonizarana a orquestra Miramar e o DJ JJ Compota, contando á 1.00 da madrugada cunha tirada de fogos artificiais.
Por último o domingo 28 de xullo están previstos pasarrúas a cargo da Banda de Música de Cerdedo, e ás 12.30 horas outra misa solemne seguida de procesión.
Xa ás 20.00 horas celebrarase un concerto da Banda de Música de Cerdedo na Praza do Concello, lugar no que a partir das 22.00 horas poñerá o fin de festa o Trío Tic Tac.