Bascuas estrea a primeira ducha natural de Sanxenxo
Por Redacción
A praia de Bascuas ten instalada xa unha ducha natural de auga, converténdose así no único de todo o municipio en contar con este servizo.
O goberno municipal habilitou unha plataforma de aceiro inoxidable aproveitando a desembocadura en pendente do regacho Ferradizo sobre o areal.
Esta medida ecoeficiente, segundo o Concello, está a ter unha gran acollida polos usuarios desta praia, a única de carácter nudista en Sanxenxo e con bandeira azul desde 2006.
En 2019, Sanxenxo decidiu prescindir das duchas nos areais como unha medida responsable de aforro no consumo de auga e cambialas por lavapiés cun regulador do chorro.
Esta acción permitiu o aforrou de 2,5 millóns de litros de auga, segundo cálculos municipais.