Os amantes das mariscadas teñen unha cita en Raxó
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A festa gastronómica do marisco de Raxo alcanza este ano o seu XV edición. Inaugurarase este mércores, día 24 de xullo ás 12:00 horas, e estará aberta ata o domingo 28 de xullo.
Este evento gastronómico organizado pola Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó e a empresa de eventos do Grove Jose A. Mouriño Álvarez conta coa colaboración do Concello de Poio.
Durante estes días, en horarios de comida e cea ofreceranse a todos os que visiten a carpa de degustación situada no peirao de Raxó, unha gran variedade de mariscos da ría, polbo, así como arroces preparados ao momento, empanadas, torta de Santiago, entre outras viandas.
Desde a Confraría de Pescadores de Raxó destacan que se trata dun evento gastronómico que ten unha "gran acollida entre todos os que nos visitan nestas datas de verán" e pretende dar a coñecer a gastronomía local e os produtos que se obteñen das nosas rías "que destacan pola súa altísima calidade e garantía a prezos populares".
Relacionadas:
-
'Xogos de verán' en Lourido e o Combo Dominicano en Samieira
Por Oskar Viéitez |
-
Poio tamén ten a súa Costa Azul e conta con mozos voluntarios comprometidos ambientalmente
Por Redacción |
-
A APDR denuncia unha vertedura de augas fecais en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Alivio entre as mariscadoras ao atopar ameixa nas praias tras medio ano sen actividade
Por Oskar Viéitez |
-
Renovado o acordo para habilitar prazas de aparcamento no porto de Combarro
Por Oskar Viéitez |