Vaipolorío: 24 anos, 24 campañas de limpeza
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O vindeiro domingo, 28 de xullo, a asociación ecoloxista Vaipolorío inicia a 24ª Campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos. Colabora a Fundación Xoán XXIII e a Cruz Vermella.
Con esta campaña, Vaipolorío suma 24 campañas, tantas coma anos ten de vida este colectivo "protexendo, estudando e divulgando o río dos Gafos".
Haberá sesións de limpeza cada domingo ata o 25 de agosto co obxectivo de mellorar a situación destes ríos afluentes do Gafos.
O punto de encontro será cada domingo ás 10.00 horas diante do Albergue dos Peregrinos da rúa Otero Pedrayo.
O colectivo convida a toda xente que queira participar nunha xornada ou varias de limpeza a que se poña en contacto con Vaipolorío no número de teléfono 676 842 942. Deben contactar antes de cada venres para reservar.
Relacionadas:
-
Vaipolorío descobre as historias que contan os aneis das árbores
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío retira árbores caídas do sendeiro rural do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian ante o Seprona a aparición de chourizos envelenados nunha zona de monte de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncia de Vaipolorío pola presenza dunha nova vertedura nun afluente do Gafos
Por Anxo Lourido |