Denuncian ante o Seprona a aparición de chourizos envelenados nunha zona de monte de Vilaboa
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A asociación Vaipolorío alertou aos donos de animais de compañía do achado de anacos de chourizo con veleno nunha zona de monte no lugar de Outeiro, na parroquia vilaboense de Bértola.
A aparición destes cebos foi denunciada ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.
Aínda que, por agora, só se atopou un chourizo os veciños da zona fixéronse eco desta noticia e están a advertir de que é posible que haxa máis polo que aconsellaron precaución e recomendan que se evite pasear aos cans pola zona.
Desde a clínica veterinaria Anida identifican a substancia coa que encheron este chourizo como bólas de veleno de caracois (molusquicida).
Igualmente faise un chamamento á cidadanía para que se comunique ás autoridades calquera información ou sospeita sobre este feito delituoso.