Desconvocada a folga da limpeza en Poio
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Os traballadores da empresa Valoriza, concesionaria da limpeza viaria no concello de Poio, acordaron por maioría desconvocar a folga con carácter indefinido prevista para o vindeiro 22 de xullo de 2024.
O acordo acadado e ratificado polos traballadores en asemblea é dun incremento salarial do 4,5 % con carácter retroactivo desde comezo deste ano 2024.
Segundo informa Carlos Corredoira, representante de UGT, este acordo vén condicionado co compromiso da empresa Valoriza de continuar coa negociación dun novo convenio colectivo "que dea satisfación as xustas demandas que vimos reclamando", xa que, segundo advirte "con este incremento non se están a cumprir os desaxustes económicos que estamos a recibir na actualidade a plantilla polo noso traballo diario esencial".
Con este "pequeno paso" na negociación os traballadores e queren "deixar demostrado a nosa posición e interese de seguir resolvendo a nosa situación mediante o diálogo e a boa fé negociadora sen que a cidadanía de Poio teña algún tipo de molestias nestes períodos de maior actividade social e económica".
"Desexamos que como na maioría dos convenios actualizados pola empresa Valoriza noutras concesións, actúe de igual maneira e actualice definitivamente os nosos salarios ata ter unhas nóminas acordes coa situación socioeconómica na que nos encontramos os traballadores e traballadoras da limpeza viaria do Concello de Poio", engade Carlos Corredoira.
Relacionadas:
-
A Xunta adxudica a xestión integral da planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Convocan folga indefinida na limpeza viaria de Poio a partir do luns 22 de xullo
Por Anxo Lourido |
-
O BNG de Poio denuncia que Valoriza leva un ano incumprindo o contrato do lixo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada