O PP esixe a elaboración do primeiro plan de igualdade do Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Pontevedra esixiu ao goberno municipal a elaboración do primeiro plan de igualdade para o persoal do Concello.
O PP reclamou á administración local que sexa exemplar coas súas obrigacións e, atendendo ao comprometeu adquirido na última reunión cos representantes sindicais, a concelleira Pepa Pardo rexistrou unha proposición para que o Concello de Pontevedra elabore un plan de igualdade para os seus traballadores.
Pepa Pardo criticou a "actitud hipócrita" do executivo local ao "encabezar las pancartas cada 1 de mayo para defender los derechos de los trabajadores mientras proporcionan un trato absolutamente cuestionable a sus empleados públicos".
A concelleira do PP recoñece que se mantiveron reunións sobre este asunto cos representantes sindicais "pero no es menos cierto que el mismo se encuentra, total y absolutamente, parado", criticou.
Por iso, e tras informar os funcionarios das súas intencións, Pardo defenderá unha moción no próximo pleno ordinario de xullo para instar o goberno local a "dar o impulso necesario ás negociacións e acometer os trámites necesarios para que o primeiro plan de igualdade para o persoal do Concello de Pontevedra sexa unha realidade dunha vez por todas".
Relacionadas:
-
O PP percorre Ponte Sampaio e recompila deficiencias e carencias en servizos esenciais da parroquia
Por Redacción |
-
Os buses lanzadeira a Montecelo rompen a unanimidade do pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra aplica a subida dun 2% aos salarios dos funcionarios con efectos desde xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas demandan unhas festas inclusivas
Por Oskar Viéitez |
-
Novo reto de igualdade para chegar á mocidade: ter Consello Municipal da Muller Nova en todos os institutos
Por Redacción |
-
Petición a Correos dun selo conmemorativo polo aniversario do nacemento da feminista María Vinyals
Por Redacción |
-
O Orgullo reivindica que "Pontevedra é diversa" e pide "avanzar en dereitos para ter referentes"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |