Un proxecto do IES Martín Sarmiento sobre a creación dunha aula ideal, finalista do Premio Nacional Don Bosco
Por Redacción
A comunidade escolar do IES Frei Martín Sarmiento estará pendente a próxima semana do que se decida en Zaragoza con motivo da 27 Edición do Premio Nacional Don Bosco á innovación e investigación tecnolóxica ao que aspira un proxecto presentado por alumnos e profesores de segundo curso do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas deste centro.
Trátase do traballo denominado "Prototipo de Aula ideal con funcións automatizadas" desenvolvido polo profesor José L. García Chan e os alumnos Marcos Díaz Martínez, Fernando Soler Iglesias e Eduardo Magariños Amoedo. Estes alumnos elaboraron este proxecto co fin de crear as condicións de luminosidade, temperatura, ventilación e control de ruído ideais nunha aula seguindo os parámetros fixados pola lexislación en vigor. Esta proposta elaborárona sobre unha aula real do centro e despois trasladárona a unha maqueta sobre a que aplican todas as melloras con controis domóticos.
O mércores 13 de marzo poderase ver en streaming a través de www.premiodonbosco.es a entraga de premios a partir das 18:30 horas. Este premio que chega ao seu 27 edición busca recoñecer os valores innovadores e de investigación dos mozos.
RECEPCIÿN NA CIDADE DA CULTURA
As alumnas do mesmo centro, Sara Álvarez Quintáns, gañadora da fase autonómica e nacional do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía de 2013, e Carla Peso Bajo, gañadora nos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior durante o curso 2011-12, serán recibidas nun acto de recepción de alumnos premiados de toda Galicia durante o venres 14 de marzo na cidade da Cultura en Santiago de Compostela.