Fotografías de animais en perigo de extinción toman Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O proxecto 'Emocións en perigo', do fotógrafo Tim Flach, chega a Sanxenxo cunha proposta aberta e ambiciosa que poderá gozarse desde este sábado 13 de xullo ata o próximo 29 de agosto no espigón do Porto Deportivo Juan Carlos I.
Flach é un dos fotógrafos de animais máis recoñecidos a nivel global e aterra en Sanxenxo da man de Afundación e a editorial Lunwerg despois do éxito logrado en Pontevedra, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
Na exposición, o artista londiniense presenta 34 retratos de animais en perigo de extinción e trata de que o público contacte coa natureza e así romper a barreira entre os humanos e os animais salientando a emoción.
Os animais están retratados sobre fondos neutros, enfatizando a personalidade de cada especie e mostrando nalgúns casos actitudes e emocións que habitualmente asociamos aos seres humanos. Cada retrato, ademais, está acompañado por unha ficha informativa elaborada pola maior organización ambiental de todo o mundo, a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza), que sinala o nivel de risco de extinción no que se atopa esa especie segundo a lista vermella desta organización.
Ao longo da súa traxectoria, Tim Flach traballou con entidades da talla do National Media Museum en Reino Unido, o Museo de Historia Natural de Suecia, National Geographic ou o xornal The New York Times. É membro honorario da Royal Photographic Society e recibiu o Premio Honorario Doutoramento da Universidade das Artes de Londres. Na actualidade é presidente da Asociación de Fotógrafos Británicos e Europeos (AOP).
Relacionadas:
-
A mellora do Outeiro de Dorrón e a contorna da capela de San Amaro de Arra en Adina realizaranse despois do verán
Por Redacción |
-
Inaugurada a exposición de Carmen Hermo na Sala Nauta de Sanxenxo
Por Redacción |
-
'Lume' recolle en Vilagarcía o drama dos incendios forestais
Por Redacción |
-
'Fauna esencial', fotografías de gran formato para viaxar desde Cuntis ata a vida silvestre
Por Redacción |