Xa se poden solicitar as barras para a primeira Semana Grande de Soutomaior
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno municipal vén de abrir a convocatoria para a concesión de barras de cara á primeira Semana Grande de Soutomaior, que terá lugar entre o 2 e o 7 de agosto.
As persoas e empresas ás que se lles autorice a colocación e uso de barras poderán facelo nos dous espazos nos que se desenvolverán as actividades da programación: na contorna da Igrexa de San Salvador (2, 3, 4 e 6 de agosto) e no campo da festa de Candán (3, 5 e 6 de agosto).
O prazo para a presentación de solicitudes para a colocación de barras estará aberto ata o vindeiro 24 de xullo ás 14:00 horas e estas deberanse levar a cabo mediante instancia xeral a través da sede electrónica.
Nas bases recóllese que terán preferencia aqueles solicitantes que residan en Soutomaior, sempre que entreguen a solicitude en tempo e prazo requiridos e cumpran as condicións xerais establecidas nas bases.
Ademais, de cara á adxudicación das barras, terán prioridade en primeiro lugar os restaurantes, bares e pubs; en segundo lugar, as entidades sen ánimo de lucro; e por último no caso de que quedase vacante a barra, as solicitudes a título individual de persoas físicas.
O alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que a parroquia de Soutomaior vai contar cunha Semana Grande de festas por primeira vez na súa historia, demostrando a "firme aposta" que fai o goberno municipal por dinamizar Soutomaior e os seus barrios.
Relacionadas:
-
Soutomaior prepárase para unha Semana Grande "de primeiro nivel"
Por Redacción |
-
200 nenos participan nas actividades de verán que organiza o Concello de Soutomaior
Por Oskar Viéitez |
-
Soutomaior remata as obras de saneamento no barrio de Veigas do Monte
Por Redacción |
-
Soutomaior estreará en 2024 unha semana grande de festas en agosto
Por Alejandro Espiño |