Estudan alternativas para corrixir o proxecto da estrada Portosanto-Campelo e mellorar a seguridade viaria
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio traballan para buscar alternativas que permitan a mellora da seguridade viaria e da senda peonil no proxecto de reforma da estrada provincial EP-0601 no tramo entre Portosanto e Campelo.
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Poio, Ángel Moldes, para estudar a mellor alternativa co fin de "integrar as necesidades reais da veciñanza da vila".
Os representantes das dúas administracións analizaron polo miúdo as conclusións realizadas polos técnicos provinciais tras analizar as distintas propostas, opinións e consideracións que formulou a veciñanza afectada pola humanización da estrada provincial EP-0601.
Para mellorar a proposta organizáronse reunións nas que fixeron propostas.
A maior parte das peticións que presentaron os veciños nesas xuntanzas poderanse integrar na nova proposta, que vai corrixir o proxecto inicial e adaptalo ás necesidades e idiosincrasia de Campelo.
Relacionadas:
-
O BNG critica o primeiro ano de goberno do PP en Poio: "un ano de retrocesos"
Por Redacción |
-
A segunda fase da reforma da estrada entre Portosanto e Campelo alcanzará os tres millóns de euros
Por Anxo Lourido |
-
Poio recupera 420.000 euros investidos na mellora da estrada entre Portosanto e Campelo
Por Redacción |
-
Comeza a mellora da estrada entre Portosanto e Campelo
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Poio investirán máis de 2,8 millóns de euros en Campelo
Por Oskar Viéitez |