Restaurada a marinense Torre do Reloxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Templo Vello de Marín xa conta cunha Torre do Reloxo renovada, despois das obras de restauración que se acometeron durante o último mes.
Segundo indica o Concello de Marín, o investimento realizado ascende a 39.452 euros, que proceden dun subvención da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura.
Durante os traballos realizouse a limpeza, restauración e consolidación dos muros e da zona superior da torre.
Tamén se cambiou a carpintería exterior e as xanelas, ademais da porta de acceso á torre.
Por último, eliminouse o problema de filtracións de auga e mellorábase o selado.
Este elemento patrimonial de Marín foi construído en 1925 e pertence ao Concello.
Manuel Santos, concelleiro de Urbanismo, indica que a seguinte fase será actuar na estrutura metálica do campanario, ademais de mellorar a cuberta, a zona de maquinaria do reloxo e a restauración das paredes interiores, actuando en diversos puntos do interior do templo.