Reforzo na atención turística de Poio durante o verán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A partir deste luns, a Oficina de Turismo do Casal de Ferreirós incorpora a unha nova técnica para atender e informar o público que se achegue polas instalacións.
O contrato realízase cunha axuda de 6.715 euros, procedente da Deputación de Pontevedra, e é de carácter temporal para os meses centrais do verán. O custo total da contratación ascende a 8.954 euros. O Concello asume o 25% restante.
Rocío Cochón, concelleira responsable de Turismo, con esta incorporación quérese mellorar a atención ás persoas que visitan o municipio durante estas datas estivais.
A colaboración entre ambas as institucións tamén permite ampliar a oferta de material informativo, con folletos e mapas, nas oficinas de turismo e en establecementos hostaleiros de Poio.
A Oficina de Turismo do Casal de Ferreirós manterá o horario de 08.30 a 14.30 e de 17.30 a 19.00 horas, de luns a venres, mentres os sábados abrirá entre as 11.00 e as 13.30 horas.
A Oficina situada na Escola do Campo de Combarro atenderá aos turistas de martes a sábado, de 09.30 a 20.30 horas e os domingos abrirá ás 11.00 e pechará ás 13.30 horas.
Relacionadas:
-
Samieira recupera este 4 de xullo a verbena de San Antón cos Satélites e DJ Paco Vulkano
Por Redacción |
-
Aprobadas as axudas para financiar a atención ao público nas oficinas de turismo da rede provincial
Por Redacción |
-
O goberno local ultima o Plan Especial do Porto deportivo de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Moldes fai un balance positivo do seu primeiro ano de goberno: "Poio é máis vivo, dinámico e atractivo"
Por Redacción |