Festa do Orgullo 2024
© Cristina Saiz
VÍDEO.- A festa do Orgullo enche de cor o parque das Palmeiras
O parque das Palmeiras encheuse de cor este sábado 29 de xuño ao acoller a gran festa do Orgullo 2024, que deixou o parque dos Gafos para trasladarse a pleno centro.
A sesión estivo amenizada desde as 13:00 horas pola sesión vermú de Pinto e Maragota, o Talibingo Cuir con Ana Talibá e o Xantar Colorido.
Co paso das horas o número de asistentes e a diversión foi en aumento coa 'picada' da Duendenta, a sesión musical con Señora DJ e o concerto de Lontreira, que está previsto que se alongue ata ben entrada a madrugada.
Entre medias celebrouse a manifestación reivindicativa baixo o lema "Avanzar en dereitos" e a lectura do manifesto.
Imaxes da festa do Orgullo 2024 no parque das Palmeiras
O parque das Palmeiras acolleu este sábado 29 de xuño a gran festa do Orgullo 2024, onde numerosos grupos de persoas gozaron da música e da sesión vermú de Pinto e Maragota
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O Orgullo reivindica que "Pontevedra é diversa" e pide "avanzar en dereitos para ter referentes"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Pontevedra homenaxea á 'Señorita Carmiña': "O diferente non é malo, só é diferente, pero á súa vez igual"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Cunha bandeira no balcón, a Subdelegación do Goberno súmase ao día do Orgullo
Por Oskar Viéitez |
-
Un San Xoán diverso e con orgullo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un encontro con Omar Banana complementará as proxeccións da cuarta edición de Ambienta
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, unha cidade 'orgullosa'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Día do Orgullo en Pontevedra, con máis "carga política" e cunha gran festa nas Palmeiras
Por Alejandro Espiño |