O CEIP de Tenorio logra a excelencia en innovación educativa en dinamización lingüística
Por Oskar Viéitez
O CEIP Plurilingüe de Tenorio vén de ser recoñecido co premio á excelencia en innovación educativa en dinamización lingüística.
Este premio foi outorgado pola Secretaría Xeral da Lingua e Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa polo seu proxecto titulado “Abrazando a diversidade lingüística” e está dotado con 2.000 euros para investir no centro educativo.
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento do proxecto recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
O Concello de Cerdedo-Cotobade trasladou a súa felicitación á comunidade educativa do CEIP de Tenorio.
Relacionadas:
-
Presentan as obras de ampliación da rede de saneamento en tres núcleos de poboación de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Alumnado do CEIP de Tenorio conmemora o Día do Libro nun encontro co escritor Manel Loureiro
Por Redacción |
-
O colexio de Tenorio "liberará" libros en espazos emblemáticos
Por Oskar Viéitez |